Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15292

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (95/2016).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que foi ditada sentenza o 3 de abril de 2017 por Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo sobre delitos leves número 95/2016 contra Santiago Bueno Rama.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións na secretaría á disposición das partes.

E de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante este edicto notifícase a Santiago Bueno Rama, en paradoiro descoñecido e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 22 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza