Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se formula declaración de impacto ambiental e se modifica con carácter substancial a autorización ambiental integrada de Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U., co número de rexistro 2007/0302_AIA/IPPC_210.

De conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: vertedoiro de residuos non perigosos da central térmica de Meirama

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U.

Expediente 2015-IPPC-M-39

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Data: 15.1.2018

Esta resolución poderase consultar en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático