Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15807

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018 pola que se fai público o reaxuste dos créditos establecidos na Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

De conformidade co establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

No Diario oficial de Galicia nº 186, do venres 29 de setembro de 2017, publicouse a Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

A dita orde establece no seu artigo 2, no que se recollen os créditos que financian a convocatoria, que estes créditos poderán ser reaxustados na resolución de concesión entre as distintas aplicacións orzamentarias en función da natureza do gasto e da adecuación do contido dos proxectos presentados nas solicitudes ás competencias de cada centro directivo implicado, para o que se realizarán as modificacións oportunas no expediente de gasto, que serán publicadas nos mesmos medios que a convocatoria e, concretamente, no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, sen superar a contía total máxima destinada ás subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, foi necesario modificar a distribución dos créditos orzamentarios destinados ás devanditas subvencións, coa finalidade prevista do seu axuste en función da natureza do gasto e da adecuación do contido dos proxectos presentados ás competencias de cada centro directivo.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Procédese á publicación do reaxuste dos créditos orzamentarios destinados ás axudas convocadas ao abeiro da Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, como a seguir se indica:

Aplicación

Importe

12.02.312B.481.1

903.176,93 €

12.03.313C.481.6

4.434.880,36 €

12.04.312E.481.1

4.825.500,72 €

12.04.312E.781.1

889.421,17 €

12.05.312F.481.0

87.553,30 €

12.05.313A.481.0

313.251,44 €

Total

11.453.784,00 €

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social