Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, dun servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e técnicos analistas con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2018 e 2019 (expediente 13/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e técnicos analistas de imaxes e vídeos en tempo real, con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais os anos 2018 e 2019. Supón a dispoñibilidade de helicópteros e técnicos coordinadores durante 276 días, cun total de 450 horas de voo contratadas.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: anualidades 2018 e 2019. Tres incorporacións (1 por helicóptero entre os meses de xuño e outubro) nas datas determinadas pola Consellería (número 4 do PPT).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.086.000,00 €; IVE exento. Importe total: 1.086.000,00 €.

Valor estimado: 1.166.911,60 €.

5. Financiamento: fondos propios da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

b) Clasificación válida (non exixible): grupo R, subgrupo 6, categoría 5.

c) Ademais da solvencia indicada, ou, se é o caso, da clasificación, exíxese adscrición de determinados medios ao contrato, segundo o disposto na alínea F.5 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva, do 5 % do orzamento de licitación: 54.300,00 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=277360.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 9 de abril de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 19 de abril de 2018.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de marzo de 2018.

13. Outras informacións: establécense como condicións especiais de execución do contrato que, con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña do seguro de danos a terceiros e dos medios persoais e materiais previstos, de acordo co recollido na alínea M do cadro de características do PCAP.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural