Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de marzo de 2018 pola que se notifica reclamación de custos ocasionados pola execución de desafiuzamento administrativo no porto de Meira (Moaña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Hnos. Nogar, C.B., con CIF E94082195, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 27 de febreiro de 2018, para proceder ao aboamento de custos ocasionados con motivo da execución das actuacións de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 18 do porto de Meira (Moaña), por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente reclamación emítese unha vez que o 6 de abril de 2017 o presidente de Portos de Galicia resolve decretar o desafiuzamento administrativo do departamento en cuestión, e autoriza a xurisdición contencioso-administrativa a entrada, correspondendo os custos que se reclaman a cambio de peche da porta principal e retirada de porta e marco exterior instalado polo usuario.

O importe a que ascenderon estas actuacións foi de 169,40 euros, IVE incluído.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade a que ascendeu o custo de reposición, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e é susceptible de recurso de alzada que deberá de ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Clave de ingreso

Entidade/

Oficina/

D.C./

Número de conta

2080

0394

17

3040004217

I

Reclamación de danos.

Expediente: exec. sub. 13-22-18-01.

Ingreso en período voluntario.

En metálico.

Nome, apelidos ou razón social da persoa que fai o ingreso: Hnos. Nogar, C.B.

Importe en letra: cento sesenta e nove con corenta euros.

Importe en cifra: 169,40 €.