Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de marzo de 2018 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de reposición, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar a resolución na Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Transcorrido o referido prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (10) días sinalado anteriormente ou ao da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

NIF

Tipo de resolución

PO-ALC-1892/UC-001711

Leonardo Antonio López Rey

*****871C

Desestimación