Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 12 de marzo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017 /011-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2012/2298-5.

Nome: Sabido Racineaux, Patricia.

NIF: 36099211K.

Último enderezo coñecido: rúa Barcelona, nº 85, 36211 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Feito imputado: non cumpre o requisito de desempregada de longa duración de acordo co artigo 3.III da orde de convocatoria.

Precepto infrinxido: artigo 3.III da devandita Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: resolución de reintegro parcial.

Data da resolución: 20.2.2018.