Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 29 de xaneiro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Calma IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Calma IV, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 11 de agosto de 2017, Francisco García Mascato (76835172S) e Carmen Otero Prol (76835068A), solicitaron autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Calma IV.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Miguel Ángel Gondar Otero (76863034R), Manuela Fontoira Bea (35445145Y), Miguel Fontoira Bea (76860720X) e María Carmen Fernández Escalante (35449754S), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Calma IV.

Situación:

Cuadrícula número: 28.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 27.5.1953.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Francisco García Mascato (76835172S) e Carmen Otero Prol (76835068A)

Novos titulares: Miguel Ángel Gondar Otero (76863034R), Manuela Fontoira Bea (35445145Y), Miguel Fontoira Bea (76860720X) e María Carmen Fernández Escalante (35449754S)

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de xaneiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños