Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17074

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente 541/2018/56).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: 541/2018/56.

2. Obxecto do contrato: servizo de apoio técnico para o control da calidade do servizo de conservación e mantemento dos parques e xardíns da cidade da Coruña. Duración: dous anos, prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 144.232,00 € anuais (IVE 21 % incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 10 de abril de 2018. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde da Área de Emprego e Economía Social