Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de apertura e atención aos usuarios do punto limpo.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 2.3.2018, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 262/2018).

2. Obxecto do contrato: servizo de apertura e atención aos usuarios no punto limpo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto/contrato reservado.

4. Orzamento base de licitación: 64.073,37 euros (52.953,20 euros máis 11.120,17 euros en concepto de IVE) polo prazo de 2 anos (con posibilidade de prórroga de 2 anos).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 5 de marzo de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa