Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subscrición de pólizas de seguros dos vehículos e maquinaria municipal.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de marzo de 2018, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 237/2018).

2. Obxecto do contrato: suscrición das pólizas de seguros de vehículos e maquinaria.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 23.203,99 € (impostos incluídos); polo prazo de 1 ano (con posibilidade de prórroga de 1 ano).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 5 de marzo de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa