Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de recollida e transporte, cun camión con guindastre con condutor, de material de construción e outros tipos.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 2.3.2018, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 259/2018).

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de recollida e tranporte de material de construción, entullo das obras municipais, utensilios... cun camión con guindastre e condutor.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 150.000 euros (IVE incluído) polo prazo dun ano.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 5 de marzo de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa