Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17139

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de marzo de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado estranxeiro O Castro International School, de Mos.

Mediante a Orde do 23 de xullo de 2015, concédese autorización definitiva ao centro privado estranxeiro O Castro International School, de Mos, para impartir as ensinanzas de Nursery (3 anos de idade) ata o curso Year 6 (11 anos de idade), para 550 postos escolares; e autorización provisional para os cursos Year 7 (12 anos de idade) ata Year 9 (14 anos de idade), 150 postos escolares, do Currículo nacional de Inglaterra e País de Gales.

A titularidade do centro inicia o expediente para a autorización definitiva de 150 postos escolares para os cursos de Year 7 (12 anos de idade) ata Year 9 (14 anos de idade), dos currículos nacionais de Inglaterra e País de Gales.

O British Council certifica que, de acordo co informe de inspección, o centro docente reúne os requisitos do artigo 14 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, para unha autorización das devanditas ensinanzas.

Polo que antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

1. Conceder a autorización definitiva dos cursos Year 7 (12 anos de idade) ata Year 9 (14 anos de idade) do Currículo nacional de Inglaterra e País de Gales, para 150 postos escolares, ao centro docente estranxeiro cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado estranxeiro (CPREX).

Denominación específica: O Castro International School.

Código do centro: 36024835.

Titular: O Castro International School of Vigo, S.L.

Domicilio: Camiño de San Cosme, nº 1.

Localidade: San Pedro de Cela.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

2. Composición resultante:

• Nursery (3 anos de idade) ata o curso de Year 6 (11 anos de idade) do Currículo nacional de Inglaterra e País de Gales, con carácter definitivo. Número de postos escolares: 550.

• Year 7 (12 anos de idade) ata Year 9 (14 anos de idade) do Currículo nacional de Inglaterra e País de Gales, con carácter definitivo. Número de postos escolares: 150.

3. Alumnado: español e estranxeiro.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Obrigas do centro

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria