BDNS (Identif.): 390533.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.
Segundo. Obxecto
Subvencións dirixidas á instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares, que carezan deles.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras son as contidas nesta orde.
Cuarto. Orzamento
2.500.000 euros, coa seguinte repartición plurianual:
Anualidade 2018: por importe de 1.500.000 euros.
Anualidade 2019: por importe de 1.000.000 euros.
Esta contía poderá ser obxecto de ampliación por resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, e terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
A contía das subvencións determinarase en función do número de vivendas da edificación e segundo a súa situación, de conformidade cos seguintes criterios:
a) Para as edificacións e vivendas sitas en ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago:
– Vivendas unifamiliares e dúplex: 60 % do gasto subvencionable sen que poida exceder os 4.500 euros.
– Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 35.000 euros.
– Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas superior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 28.000 euros.
b) Para as edificacións e vivendas que non estean situadas en ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago:
– Vivendas unifamiliares e dúplex: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 2.500 euros.
– Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 25.000 euros.
– Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas superior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 18.000 euros.
c) En calquera caso, cando a actuación consista na instalación dun salvaescaleiras a contía da subvención será dun 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 1.000 euros, en caso de salvaescaleiras de cadeira, e de 2.000 euros, en caso de salvaescaleiras de plataforma.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de maio de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral da Consellería de Infraestruturas e Vivenda