Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (545/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 545/2017 por instancia de José Rubén García Varela contra Hosteleros de Perbes, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 4.12.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por José Rubén García Varela fronte á empresa Hosteleros de Perbes, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por Hosteleros de Perbes, S.L.

– Condénase a Hosteleros de Perbes, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador José Rubén García Varela ou o aboamento dunha indemnización de 522,61 euros e o aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 47,51 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hosteleros de Perbes, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza