Procedemento ordinario 134/2015
Sobre outras materias
Demandante: Enrique Montero Torreiro
Procurador: Fernando Carlos Leis Espasandín
Demandada: Sara García Pardo
Eu, Miguel Gendra Rey, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, polo presente anuncio:
No presente procedemento seguido por instancia de Enrique Montero Torreiro fronte a Sara García Pardo ditouse sentenza, cuxo extracto é o seguinte:
«Corcubión, vinte e dous de decembro de dous mil dezasete.
Vistos por María Purificación Prieto Picos, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión os autos de xuízo ordinario 134/2015, iniciado por instancia de Enrique Montero Torreiro, representado procesualmente por Fernando Carlos Leis Espasandín e asistido polo letrado Alejandro Salvado Montoiro, contra Sara García Pardo, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.
Resolución
Estimo parcialmente a demanda formulada por Enrique Montero Torreiro, representado procesualmente por Fernando Carlos Leis Espasandín e asistido polo letrado Alejandro Salvado Montoiro, contra Sara García Pardo, en situación de rebeldía procesual. En consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 12.080 euros, que devindicará os xuros legais conforme o disposto no fundamento de dereito terceiro desta resolución.
Non se impoñen as custas a ningunha das partes.
Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que poderán presentar por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días, contados dende o seguinte ao da súa notificación, e advírtaselles que para iso deberán constituír o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.
Están exentos de constituír este depósito os incluídos no número 5 da citada disposición e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.
Así o acordo, mando e asino».
E encontrándose a devandita demandada, Sara García Pardo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.
Corcubión, 3 de xaneiro de 2018
O letrado da Administración de xustiza