Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a resolución da solicitude de baixa no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces sen éxito a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade interesada que se sinala no anexo, a Resolución do 7 de febreiro de 2018, da secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se resolve a súa solicitude de baixa no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a entidade solicitante poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co previsto no artigo 115 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Expediente: solicitude de baixa nº 3/2016.

Interesada: Asociación para a Defensa do Medioambiente das Comarcas de Arzúa e Terras de Melide.

Acto notificado: resolución.