Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil e patrimonial deste concello e dos seus organismos autónomos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio. Nº de expediente: 386-242.

2. Obxecto do contrato: a prestación ao Concello de Vigo e aos seus organismos autónomos do servizo de seguro de responsabilidade civil patrimonial do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 440.000,00 euros. IVE para soportar pola Administración: exento. Orzamento total: 440.000,00 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: non. c) Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Solvencia técnica e profesional: Unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o 12 de abril de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 13 e 14 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 6 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación