Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17763

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación da redacción dun estudo de viabilidade económico-financeira da cesión do estadio municipal de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Xestión Patrimonial e Territorial. Nº de expediente: 20056-240.

2. Obxecto do contrato: elaboración dun estudo de viabilidade económico-financeira que analice a viabilidade e racionalidade da operación de cesión do estadio municipal de Balaídos.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: un mes e dez días.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 71.500 euros. IVE para soportar pola Administración: 15.015 euros. Orzamento total: 86.515 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día do prazo para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado. Serán traballos de igual ou similar natureza os relativos a estudos de viabilidade económica sobre proxectos de infraestruturas de carácter público ou privado en relación co sector comercial ou de servizos. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita a realización da tipoloxía de traballos descritos no obxecto do contrato cando os estudos realizados teñan como referencia a execución de investimentos superiores a 20 millóns de euros (a cuantificación do importe dos traballos presentados corresponderase coa anualidade correspondente á data de sinatura do contrato ou encarga destes). Cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación