Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal na delimitación dos núcleos rurais.

O Pleno da Corporación do Concello de Curtis, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 16 de marzo de 2018, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 6 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis na delimitación dos núcleos rurais, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 83.5 e no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación do correspondente anuncio no DOG, prazo en que o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e que se poderán formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, conforme o artigo 47.2 da LSG. Esta suspensión alcanzará:

– Aqueles núcleos rurais afectados por esta modificación, cando as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

– O sistema xeral de espazos libres sito no núcleo rural de Paradela.

– Os sistemas xerais de equipamento cemiterio nos núcleos de Curtis, Santaia e A Igrexa.

– A zona do paso a nivel sobre a liña de ferrocarril que dá acceso ao núcleo rural de Maques de Arriba desde o polígono industrial de Teixeiro-Curtis.

Curtis, 21 de marzo de 2018

Antonio Ángel Fraga Sánchez
Alcalde accidental