Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal. Modificación das categorías de solo rústico.

O Pleno da Corporación do Concello de Curtis, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 16 de marzo de 2018, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 7 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis, modificación das categorías de solo rústico, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 83.5 e no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación do correspondente anuncio no DOG, prazo en que o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e se poderán formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes. 

En virtude do disposto no artigo 47 da LSG, este acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados por esta modificación, cando as ditas licenzas non cumpran a regulación vixente na Lei do solo 2/2016 e o seu regulamento 143/2016 e a normativa sectorial correspondente, así como as novas previsións obxecto desta modificación.

Esta suspensión alcanzará, ademais de todo o solo rústico que non cumpra o anterior:

– O espazo libre de Fisteus.

– A delimitación do Plan especial As Toxeiras.

– O cemiterio e a contorna de San Roque de Xabriño.

– As zonas da rede viaria municipal afectadas polos pasos a nivel executados por ADIF no Fieital, A Pena, As Pereiras, A Cabana-Vilarullo, Carroipaz-O Abelar e Teixeiro-O Abelar.

Curtis, 21 de marzo de 2018

Antonio Ángel Fraga Sánchez
Alcalde accidental