Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18303

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 15 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN315A).

BDNS (Identif.): 390398.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades sen ánimo de lucro con representación no sector mineiro galego, cuxo obxecto estea relacionado coa minaría e que desenvolvan a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Regulación das bases para a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para impulsar a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, a transferencia de coñecemento, o aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, a investigación e innovación no seu aproveitamento, así como a divulgación e promoción do devandito sector.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN315A).

Cuarto. Contía

A dotación orzamentaria é de 889.642,30 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria