Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG núm. 245, do 28 de decembro) publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0, e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2018, por trámite anticipado de gasto.
O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.
Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.
Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se acceda ao seu contido.
Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición, no caso de non acceder ao seu contido.
Cuarto. De acordo co disposto no artigo 12.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, o solicitante considerarase que desiste na súa petición e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación
Nº de expediente |
Titular do expediente |
NIF |
IG239.2018.1.1 |
Asociación Clúster da Madeira de Galicia |
G32290439 |
IG239.2018.1.2 |
Fundación Cupa |
G32458713 |
IG239.2018.1.3 |
Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense |
G32015729 |
IG239.2018.1.4 |
Asociación de Empresarios de O Couto |
G32380065 |
IG239.2018.1.5 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG239.2018.1.6 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG239.2018.1.7 |
Asociación de Industrias Culturales de la Provincia de Ourense |
G32479446 |
IG239.2018.1.8 |
Asociación de Empresarios del Producto Gourmet |
G32471492 |
IG239.2018.1.9 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG239.2018.1.10 |
Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, Ascega |
G70252622 |
IG239.2018.1.13 |
Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia |
G36969525 |
IG239.2018.1.15 |
Asociación Ourensana de Empresarios de Comercio Online |
G32472425 |
IG239.2018.1.16 |
Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos |
G36942720 |
IG239.2018.1.20 |
Clúster TIC Galicia |
G70157581 |