Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-02490-I-2017).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador número LU-02490-I-2017 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmaselle que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunícaselle que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 13 de marzo de 2018

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-02490-I-2017

5492-DTF

Luis Alfonso Ramos Santillana

X2569067J

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

17.10.2017; 11.46.00; A-8; 574

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros