Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-00108-O-2018).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador número LU-00108-O-2018 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditados á persoa interesada.

Infórmaselle que o expediente sancionador se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselle un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 13 de marzo de 2018

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto calificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00108-O-2018

ZA-0546-J

Josue Montoya Bentos

33550881E

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 30 %.

15.1.2018; 16.34.00; LU-541; 16,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

3.000 euros