Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente IN407A 2017/6-0.

O 13.10.2017 a empresa Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. presentou a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada Subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro, nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Sen prexuízo do anterior, e en virtude do citado artigo, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Polo anterior, mediante o presente anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por seren estes descoñecidos ou por non ter sido posible practicar a notificación.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Concello

Nº predio

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Interesado

Pol

6

27046A09700301

97

301

César Valiña Irimia

Pol

64

27046A12500124

125

124

Daniel Santiso Otero

Pol

91

27046A11900263

119

263

Esperanza Valín Eira

Pol

9

27046A12500071

125

71

José María Emilio Castedo Mirón

Pol

168

27046A12500235

125

235

José Otero Cortón

Pol

184

27046A11900413

119

413

Josefa Pérez Gandoy

Pol

232

27046A12500021

125

21

Manuel Otero Villamarín

Pol

233

27046A12500022

125

22

Manuel Otero Villamarín

Pol

240

27046A12500024

125

24

Manuel Otero Villamarín

Pol

14

27046A12500380

125

380

Manuel Rodríguez Marey

Pol

49

27046A11900181

119

181

Manuel Rodríguez Marey

Pol

50

27046A11900182

119

182

Manuel Rodríguez Marey

Pol

144

27046A09700111

97

111

María Amelia Pilar Cortón Díaz

Pol

145

27046A09700112

97

112

María Amelia Pilar Cortón Díaz

Pol

210

27046A09700237

97

237

Jose María Emilio Castedo Mirón

Pol

104

27046A09700021

97

21

María Pilar Cortón Díaz

Pol

7

27046A09900021

99

21

María Teresa Santiso Campos

Pol

68

27046A12500433

125

433

Petra Teifeiro Novo

Pol

125

27046A12800067

128

67

Pilar Sara Santiso Otero