Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19332

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser candidatos a director e o procedemento de selección. No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos, as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do candidato e do proxecto presentado.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2017/18 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar en situación de servizo activo e estar prestando servizos nun centro educativo ou organismo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de activo, poderán presentarse os que reúnan os requisitos relacionados nas alíneas a), b) e c) do punto anterior sempre que o último centro en se que se prestou servizos sexa dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e se reúnan os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2018.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ao previsto nos artigos 17 e 18 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

O proxecto de dirección non excederá os 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5.

c) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere adecuada en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do claustro de profesores e do consello escolar na secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar no rexistro da Xunta de Galicia ou das súas delegacións territoriais, ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de selección

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia, e que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Dúas profesoras ou profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e de persistir o empate dirimirase por sorteo.

d) Un membro do consello escolar, elixido por e entre os membros do consello escolar. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e de persistir o empate dirimirase por sorteo.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do claustro de profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do consello escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á dirección poderán formar parte da comisión de selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da comisión de selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da comisión de selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7. A dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do claustro e do consello escolar na comisión de selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

8. A non elección dos representantes do claustro de profesores ou do consello escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da comisión de selección.

9. A composición da comisión de selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da comisión de selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da comisión de selección será a seguinte:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Dous inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados pola xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Un profesor ou profesora do centro elixida polo claustro de profesorado.

d) Un membro do consello escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.

Sétimo. Funcións da comisión de selección e procedemento de funcionamento

1. Recibidas as solicitudes dirixidas á xefatura territorial, a comisión de selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A comisión de selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde.

4. A comisión de selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a comisión de selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola comisión de selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

7. Cada membro da comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.

Oitavo. Selección das candidaturas

1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a comisión de selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

4. Se unha candidata ou candidato resulta seleccionado para dous centros, resultará nomeado no centro en que teña destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado no centro polo que opte e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido a outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos

Contra a decisión da comisión de selección, en que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Nomeamento

1. A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director a persoa proposta pola comisión avaliadora.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2018 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo primeiro. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o claustro de profesores e o consello escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2018/19

Código

Centro

Concello

Provincia

15020969

CEIP Mosteiro de Caaveiro

A Capela

A Coruña

15005038

CEIP de Prácticas

A Coruña

A Coruña

15005518

CEIP María Pita

A Coruña

A Coruña

15005701

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

A Coruña

A Coruña

15005014

CEIP Raquel Camacho

A Coruña

A Coruña

15032716

CEIP de Arteixo

Arteixo

A Coruña

15020933

EEI de Barrionovo

Arteixo

A Coruña

15000612

CEIP de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15025074

CEIP da Igrexa

As Somozas

A Coruña

15001070

CPI de Cruz do Sar

Bergondo

A Coruña

15001616

CEIP de Escarabote

Boiro

A Coruña

15001471

CEIP Praia Xardín

Boiro

A Coruña

15032571

CRA de Boqueixón-Vedra Neira Vilas

Boqueixón

A Coruña

15032212

CRA Os Remuíños

Cabana de Bergantiños

A Coruña

15003789

CEIP Praia de Quenxe

Corcubión

A Coruña

15021809

CEIP Sofía Casanova

Culleredo

A Coruña

15006845

CEIP Isaac Peral

Ferrol

A Coruña

15023740

CEIP A Solaina

Narón

A Coruña

15023508

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Narón

A Coruña

15026111

CRA de Narón

Narón

A Coruña

15022577

CEIP de Maciñeira

Neda

A Coruña

15010307

CEIP San Isidro

Neda

A Coruña

15010575

CEIP O Coto

Negreira

A Coruña

15023089

CEIP Luís Seoane

Oleiros

A Coruña

15025670

CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal

Oleiros

A Coruña

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

A Coruña

15033101

CEIP Plurilingüe de Outes

Outes

A Coruña

15013230

CEIP As Forcadas

Ponteceso

A Coruña

15025062

CEIP de Portosín

Porto do Son

A Coruña

15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

A Coruña

15023430

CEP Xosé María Brea Segade

Rianxo

A Coruña

15027551

CRA de Rianxo

Rianxo

A Coruña

15014261

CEIP Heroínas de Sálvora

Ribeira

A Coruña

15014271

CEIP Plurilingüe de Artes

Ribeira

A Coruña

15032686

CEIP Plurilingüe O Mosteirón

Sada

A Coruña

15027745

CEE A Barcia

Santiago de Compostela

A Coruña

15026509

CRA de Valdoviño

Valdoviño

A Coruña

15019086

CEIP Labarta Pose

Zas

A Coruña

15027125

IES de Viós

Abegondo

A Coruña

15001148

IES As Mariñas

Betanzos

A Coruña

15026698

IES Espiñeira

Boiro

A Coruña

15027885

IES Lamas de Castelo

Carnota

A Coruña

15027770

IES A Sardiñeira

A Coruña

A Coruña

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

A Coruña

A Coruña

15026546

EOI de Ferrol

Ferrol

A Coruña

15025751

EPAPU Sta. María de Caranza

Ferrol

A Coruña

15021470

IES Canido

Ferrol

A Coruña

15006742

IES Concepción Arenal

Ferrol

A Coruña

15025645

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

A Coruña

15006791

IES Saturnino Montojo

Ferrol

A Coruña

15006730

IES Sofía Casanova

Ferrol

A Coruña

15007621

CPI . Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15020854

CPI de Xanceda

Mesía

A Coruña

15027940

IES As Insuas

Muros

A Coruña

15027216

IES Fernando Esquío

Neda

A Coruña

15026391

IES Xulián Magariños

Negreira

A Coruña

15010812

IES Virxe do Mar

Noia

A Coruña

15027228

IES María Casares

Oleiros

A Coruña

15025694

IES Moncho Valcarce

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

15014738

CPI Plurilingüe dos Dices

Rois

A Coruña

15032662

IES O Mosteirón

Sada

A Coruña

15025301

IES Arcebispo Xelmírez II

Santiago de Compostela

A Coruña

15018148

CPI de Atios

Valdoviño

A Coruña

27002584

CEIP Virxe do Carme

Burela

Lugo

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Vilalba

Lugo

27014665

CEIP Luís Pimentel

Lugo

Lugo

27009050

CEIP Plurilingüe Monte Baliño

Pantón

Lugo

27006164

CEIP Albeiros

Lugo

Lugo

27001609

CEIP Ramón Falcón

Castro de Rei

Lugo

27013387

CEIP Antonio Pedrosa Latas

Viveiro

Lugo

27001087

CEIP Rosalía de Castro

Bóveda

Lugo

27014057

CEE Santa María

Lugo

Lugo

27000319

CEIP Plurilingüe Concepción López Rey

Baleira

Lugo

27015724

CEIP Monseivane

Vilalba

Lugo

27006735

CEIP Poeta Avelino Díaz

Meira

Lugo

27012474

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

Sober

Lugo

27000198

CEIP de Antas de Ulla

Antas de Ulla

Lugo

27006531

IES Lucus Augusti

Lugo

Lugo

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castro de Rei

Lugo

27016509

IES Marqués de Sargadelos

Cervo

Lugo

32015189

CEIP Joaquina Gallego Jorreto

A Merca

Ourense

32011305

CEIP Tomás de Lemos

Ribadavia

Ourense

32012711

CEIP Saco e Arce

Toén

Ourense

32004830

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

Ourense

32002781

CPI Tomás Terrón Mendaña

Carballeda de Valde

Ourense

32004118

CPI Antonio Faílde

Coles

Ourense

32009360

CPI José García García

Mende

Ourense

32000058

IES de Allariz

Allariz

Ourense

32001683

IES Martaguisela

Barco de Valdeorras

Ourense

32003001

IES nº 1

O Carballiño

Ourense

32009116

IES 12 de Outubro

Ourense

Ourense

32008951

IES Ramón Otero Pedrayo

Ourense

Ourense

32016285

IES de Vilamarín

Vilamarín

Ourense

36018963

CEIP de Belesar

Baiona

Pontevedra

36017648

CEIP Mestre Valverde Mayo

Mos

Pontevedra

36003807

CEIP Rosalía de Castro

O Grove

Pontevedra

36017685

CEIP da Ribeira

O Porriño

Pontevedra

36014881

CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

Redondela

Pontevedra

36007813

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

Pontevedra

36009913

CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza

Valga

Pontevedra

36010125

CEIP de Fonte Escura

Vigo

Pontevedra

36010423

CEIP Valle-Inclán

Vigo

Pontevedra

36019153

EEI Rúa Hernán Cortés

Vigo

Pontevedra

36010708

CEIP Emilia Pardo Bazán

Vigo

Pontevedra

36014866

CEIP Manuel Villar Paramá

A Estrada

Pontevedra

36000302

CEP de Sabarís

Baiona

Pontevedra

36000375

CEIP da Torre-Cela

Bueu

Pontevedra

36024938

CRA de Caldas de Reis

Caldas de Reis

Pontevedra

36015950

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36018446

CEIP da Armenteira

Meis

Pontevedra

36016620

CEIP da Cruz

Nigrán

Pontevedra

36014878

CEIP de Conmeniño

O Grove

Pontevedra

36024173

CRA María Zambrano

O Rosal

Pontevedra

36007242

CEIP de Viñas

Poio

Pontevedra

36018690

CEIP de Cabanas

Pontevedra

Pontevedra

36016966

CEP Carlos Casares

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36008866

CEIP Plurilingüe A Florida

Sanxenxo

Pontevedra

36015238

CEIP de Sobrada

Tomiño

Pontevedra

36016668

CEP de Caldelas

Tui

Pontevedra

36014775

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

Pontevedra

36010459

CEIP Josefa Alonso de Alonso

Vigo

Pontevedra

36010472

CEIP Plurilingüe Ría de Vigo

Vigo

Pontevedra

36010071

CEIP Santa Mariña

Vigo

Pontevedra

36016061

CEIP A Doblada

Vigo

Pontevedra

36012407

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP de San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36000648

CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro

Cambados

Pontevedra

36013564

CEIP Pena de Francia

Mos

Pontevedra

36004538

EEI Nosa Señora do Carme

Marín

Pontevedra

36004496

CEP de Sequelo-Marín

Marín

Pontevedra

36004472

CEIP do Carballal

Marín

Pontevedra

36019441

CEIP de Petelos

Mos

Pontevedra

36006377

CEIP Álvarez Limeses

Pontevedra

Pontevedra

36015172

CEIP A Xunqueira nº 2

Pontevedra

Pontevedra

36019517

CEIP Santo André de Xeve

Pontevedra

Pontevedra

36024616

CRA de Ribadumia

Ribadumia

Pontevedra

36008878

CEIP Plurilingüe Cruceiro

Sanxenxo

Pontevedra

36015020

CEIP de Randufe

Tui

Pontevedra

36018161

CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo

Valga

Pontevedra

36017697

CEIP Escultor Acuña

Vigo

Pontevedra

36010460

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Vigo

Pontevedra

36015044

EEI Monte do Alba

Vigo

Pontevedra

36015071

EEI Vagalume

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36011579

IES A Guía

Vigo

Pontevedra

36020362

IES de Valga

Valga

Pontevedra

36020337

IES de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36017430

IES Ricardo Mella

Vigo

Pontevedra

36006729

IES Valle-Inclán

Pontevedra

Pontevedra

36018380

IES Miguel Ángel González Estévez

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36024461

IES Audiovisual de Vigo

Vigo

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36019396

IES Francisco Asorey

Cambados

Pontevedra

36020283

IES da Illa de Arousa

A Illa de Arousa

Pontevedra

36020143

IES de Poio

Poio

Pontevedra

36013692

IES Val do Tea

Ponteareas

Pontevedra

36009901

IES San Paio

Tui

Pontevedra

36014544

IES Indalecio Pérez Tizón

Tui

Pontevedra

36006079

CPI Curros Enríquez

Pazos de Borbén

Pontevedra

36007011

IES Pino Manso

O Porriño

Pontevedra

36020325

IES Illa de San Simón

Redondela

Pontevedra

36020349

IES de Sanxenxo

Sanxenxo

Pontevedra

36014428

IES Val Miñor

Nigrán

Pontevedra

36019475

IES de Rodeira

Cangas

Pontevedra

36019566

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

36005956

CEIP Carlos Casres

Nigrán

Pontevedra

36015111

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

Pontevedra

36020386

IES Marco de Camballón

Vila de Cruces

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia compulsada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia compulsada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta:

b) Noutros centros:

1

0,60

Fotocopia compulsada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Fotocopia compulsada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia compulsada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta:

b) Noutros centros:

0,50

0,30

Fotocopia compulsada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia compulsada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia compulsada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na Orde ministerial do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na Orde ministerial do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na Orde ministerial do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia compulsada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Servizo activo.

Por estar en situación de servizo activo:

2,00

7. Destino.

Por ter destino definitivo no centro a que se concursa:

2,00

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III

Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección
dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza..., número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

3. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

…………………………………....., ... de………………... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….