Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19540

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 3 de abril de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Xestión Integrada de Vigo.

De conformidade co establecido no artigo 121 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG nº 143, do 24 de xullo), na disposición adicional primeira do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 199, do 15 de outubro), e nos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir na Xestión Integrada de Vigo, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. As retribucións fixas dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. As retribucións variables serán percibidas en función do cumprimento dos obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas interesadas deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un curriculum vitae. Dentro do prazo da convocatoria, ademais, deberán proceder a rexistrar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) os seus datos persoais, requisitos e méritos, e acreditalos ante unha unidade de validación. O acceso ao expedient-e efectuarase a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio).

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos ofertados.

Sexto. Consonte cos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, o vínculo da persoa seleccionada formalizarase nun nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera Administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para cada posto directivo e que se especifica no anexo I. Noutro caso, nos supostos previstos nas letras a), b) e c) do artigo 60 citado, a vinculación da persoa seleccionada poderá formalizarse mediante contrato laboral de alta dirección.

Sétimo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Vigo.

Denominación do posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Vigo.

Denominación do posto: director/a de Procesos de Soporte.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Vigo.

Denominación do posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Vigo.

ANEXO II

MODELO DE SOLICITUDE

DATOS PERSONAIS:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Teléfono

Domicilio, rúa e nº

Provincia

Localidade

NO CASO DE PRESTAR SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA:

Vínculo xurídico

Categoría profesional

Situación administrativa

Destino actual

SOLICITO:

Posto

Xestión Integrada de Vigo

(Sinatura)

DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE