Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19477

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 13 de marzo de 2018 pola que se nomean cinco novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, o sindicato UGT-Galicia acordou a substitución dos seus tres membros titulares e dos seus tres membros suplentes, da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a José Carlos Rodríguez del Río, Beatriz Meilán del Río e Juan Loureiro Taibo en substitución de Eladio Romero Ares, Cruz Vázquez González e Luis M. Baneira Gómez.

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a Josefina Martínez Bao, Pilar Rodríguez San Martín e Víctor Fernández Prieto en substitución de Ernesto Fontanes Blanco, Domingo Barros Montáns e José Carlos Rodríguez del Río.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria