Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19478

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 10, do 15 de xaneiro), que se indican no anexo, cun importe total de 446.080,28 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2018.

Esta convocatoria está financiada nun 80 % con fondos FSE do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «loita contra toda forma de discriminación e promoción da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple».

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Importe concedido

SI431A 2018/1

R1500053B

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

70.000,00 €

SI431A 2018/2

G27021120

Aliad-Ultreia

39.962,57 €

SI431A 2018/3

R3200098F

Cáritas Diocesana de Ourense

20.576,65 €

SI431A 2018/4

G15354483

ONG Ecos do Sur

49.404,85 €

SI431A 2018/5

G84913946

Fundación de Solidariedade Amaranta

51.264,06 €

SI431A 2018/6

G79408852

Médicos do Mundo

69.981,50 €

SI431A 2018/7

R1500092J

Hermanas Oblatas do Santísimo Redentor de Ferrol

55.149,60 €

SI431A 2018/8

G27728658

Asociación Faraxa pola abolición da prostitución

70.000,00 €

SI431A 2018/9

Q2866001G

Cruz Vermella Española

19.741,05 €

Total

446.080,28 €