De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese a seguinte publicación:
Convocatoria: Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.
Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación do conselleiro de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 11 de abril de 2017.
Crédito orzamentario 55.686,88 € (cincuenta e cinco mil seiscentos oitenta e seis euros con oitenta e oito céntimos), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 545.161,57 € (cincocentos corenta e cinco mil cento sesenta e un euros con cincuenta e sete céntimos). Aplicación orzamentaria 2017.12.05.313A.481.0 Código de procedemento BS306B.
Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras de ámbito provincial ou inferior e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.
Vigo, 2 de marzo de 2018
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Número de proxecto |
Proxecto |
CIF |
Entidade beneficiaria |
Subvención concedida |
2017/1-5 |
Posicionamento das empresas do medio rural na rede |
G360600341 |
Asociación Efa A Cancela |
5.000,00 € |
2017/3-5 |
Novos usos para os nosos vellos barcos |
G36472306 |
Asociación Recreativa e Cultural Sueste |
3.510,31 € |
2017/4 |
¿E ti que prefires? Xuventude que emprende ou xuventude participativa |
G36124279 |
Asociación Érguete Baixo Miño |
5.000,00 € |
2017/5 |
Revolta do Umia |
G36405769 |
Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo |
5.000,00 € |
2017/6 |
Grupo autoxestores |
G36697324 |
Down Vigo |
5.000,00 € |
2017/7 |
Proxecto de ocio e expresión corporal |
G36164887 |
Asoc. Down Pontevedra Xuntos |
4.976,57 € |
2017/8 |
Unha aventura por vivir |
G36637890 |
Club Montañeiros Celtas |
5.000,00 € |
2017/11 |
V Edición do programa I+I+D |
G36917037 |
Asociación Xogais |
5.000,00 € |
2017/13 |
Mes de/a okupación moceiril |
G36744951 |
Asoc. Xuntanza Xuvenil de Valladares |
5.000,00 € |
2017/14 |
Bule-bule |
G36636538 |
Asoc. Xentenova |
3.000,00 € |
2017/15 |
Xornadas de formación no liderazgo xuvenil |
G36619039 |
Asoc. Albeiro |
4.200,00 € |