Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20143

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2018 pola que se amplía o prazo de execución do proxecto e para solicitar o cobramento establecido na Resolución do 18 de maio de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No Diario Oficial de Galicia número 102, do 31 de maio de 2017, publicouse a Resolución do 18 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto cuarto da parte resolutiva establécese no parágrafo segundo que o prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de xuño de 2018.

Tendo en conta que a convocatoria se resolveu o 8 de marzo de 2018, publicándose a resolución no DOG núm. 58, do 22 de marzo, e na páxina web do Igape ese mesmo día, e dada a proximidade da data límite de execución, queda moi escasa a marxe de tempo para executar os proxectos formativos aprobados. Co fin de posibilitar a realización dos proxectos e a prol da eficiencia do propio programa, faise preciso ampliar o prazo de execución dos proxectos e, en consecuencia, o prazo para solicitar o cobramento.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1  

Ampliar ata o 31 de outubro de 2018 o prazo de execución dos proxectos establecido no parágrafo segundo do punto cuarto da parte resolutiva da Resolución do 18 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2

Ampliar ata o 30 de novembro de 2018 o prazo establecido no parágrafo terceiro do punto cuarto da parte resolutiva da devandita resolución para presentar a solicitude de cobramento para os proxectos que rematen antes ou o mesmo día 31 de outubro de 2018.

Artigo 3

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica