Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da aprobación do estudo de detalle de edificación no porto de Marín (expediente 46/18-L.U.).

Considerando que mediante a Resolución do 7 de marzo de 2018 se aprobou o estudo de detalle de edificación no porto de Marín, redactado por Naos04 Arquitectos, S.L.P. en xaneiro de 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9 de novembro), por medio deste anuncio publícase a citada resolución polo prazo dun mes no DOG, no taboleiro de edictos do Concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Tendo en conta que o acto non se publica integramente, indícaselle aos interesados que o expediente completo figura á súa disposición nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa do concello.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro).

Marín, 8 de marzo de 2018

Mª del Pilar Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta