Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20363

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 4 de abril de 2018, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) e pola Orde do 28 de febreiro de 2018 (DOG. núm. 49, do 9 de marzo) pola que se modifica a súa composición, para cualificar o proceso selectivo que foi convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril) para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, e segundo o disposto na base II.1.1.1 da convocatoria do proceso, e na Orde da Consellería de Facenda de 20 de marzo de 2018, pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio, adoptou o seguinte

ACORDO:

De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 20 de maio de 2018, no pavillón número 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao lugar en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal