Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 837/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 837/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Aguiar Míguez contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

PO Procedemento ordinario 837/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Rubén Aguiar Míguez

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandados: Fogasa, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica

Avogado: letrado do Fogasa

Sentenza nº 114/2018.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 837/2016, nas caales é parte demandante Rubén Aguiar Míguez, asistido polo letrado Sr. Vales Raña, e son partes codemandadas a mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei, pronuncio esta sentenza con base nos seguintes [...]

Decido.

Que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por Rubén Aguiar Míguez, asistido polo letrado Sr. Vales Raña, contra a mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., e contra o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil agora demandada a aboar a favor do traballador Rubén Aguiar Míguez a cantidade de 1.374,51 euros (en concepto de salario do mes de outubro do ano 2015 //composto por salario base + complemento de transporte + complemento de vestiario// + parte proporcional das pagas extraordinarias do ano 2015 + parte proporcional das vacacións non gozadas do ano 2015) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal percibido por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial en virtude dos artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que puider corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta»

E para que sirva de notificación en legal forma a Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, vinte e tres de marzo de dous mil dezaoito.

A letrada da Administración de xustiza