Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 3 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o requirimento da taxa para a expedición de copia do expediente completo da explotación Monte Miraz número 2.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Apliestone, S.L., con últim enderezo coñecido en Abelar, s/n, Teixeiro, 15210 Curtis, A Coruña, o requirimento da taxa para a expedición de copia do expediente completo da explotación Monte Miraz número 2 desta provincia, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

No dito requirimento, que estará á súa disposición na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, concédenselle 10 días para realizar o pagamento e achegar a documentción, antes de ditar a proposta de resolución que proceda, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 2 de outubro.

Lugo, 3 de abril de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo