De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Apliestone, S.L., con último enderezo coñecido en Abelar, s/n, Teixeiro, 15210 Curtis, A Coruña, o requirimento de emenda da solicitude de tramitación do plan de restauración da explotación Monte Miraz número 2 desta provincia, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.
No dito requirimento, que estará á súa disposición na Xefatura Territorial de Lugo da consellería de Economía, Emprego e Industria, concédenselle 15 días para presentar as xustificacións e/ou documentos que considere oportunos, antes de ditar a proposta de resolución que proceda, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 2 de outubro.
Lugo, 3 de abril de 2018
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo