Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20749

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Lugo

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Ás 10.00 horas do día 14 de maio de 2018 terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Lugo, sita na praza de Bretaña, s/n, Lugo, unha poxa pública de armas, composta por 259 lotes, que serán expostos ao público do 7 ao 11 de maio de 2018, das 10.00 ás 13.00 horas, momento en que será entregado aos asistentes o correspondente prego de condicións. As poxas serán a prego pechado e o prazo de presentación rematará ás 13.00 horas do día 11 de maio de 2018.

Lugo, 26 de marzo de 2018

Miguel Ángel González Arias
Coronel xefe