Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20748

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 14 de maio de 2018 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, 3, a poxa de armas composta por 801 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 7, 8, 9, 10 e 11 de maio, neste acuartelamento, das 9.00 ás 13.00 horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega dos sobres coas ofertas rematará ás 13.00 horas do día 11 de maio.

Á poxa poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirir as armas.

A Coruña, 15 de marzo de 2018

Javier Jambrina Rodríguez
Coronel xefe