Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO relativo á convocatoria de diversos procesos selectivos.

No BOP de Lugo, núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, quenda de consolidación de emprego temporal e en quenda de promoción interna.

As bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo nº 9/146, adoptado na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de marzo de 2017, sendo publicadas integramente no BOP de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017.

No BOP de Lugo núm. 34, do 10 de febreiro de 2018, foron publicadas resolucións relativas á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

Persoal funcionario:

Decreto 17011450, do 27.12.2017: 1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre (en execución de sentenza).

Decreto 17011453, do 27.12.2017: 1 praza de técnica/o media/o xestión área económica; escala: Administración xeral; subescala: xestión; clase: técnica/o media/o (rama económica); grupo de titulación: A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda de consolidación de emprego temporal (en execución de sentenza).

Decreto 17011452, do 27.12.2017: 1 praza de técnica/o media/o xestión; escala: Administración xeral; subescala: xestión; clase: técnica/o media/o; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda de promoción interna.

Decreto 17011444, do 27.12.2017: 2 prazas de educador/a social; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: técnica/a media/o; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre (en execución de sentenza). Prestación do servizo 66,7 % da xornada.

Decreto 17011447, do 27.12.2017: 1 praza de delineante; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 17011340, do 26.12.2017: 3 prazas de auxiliar administrativa/o; escala: Administración xeral; subescala: auxiliar; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 17011449, do 27.12.2017: 1 praza de oficial lector/a de contadores; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre, reservada a discapacitados/as.

Decreto 17011451, do 27.12.2017: 1 praza de oficial sepultureira/o; escala: Administración especial; subescala: persoal de oficios; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda de promoción interna.

Decreto 17011446, do 27.12.2017: 1 praza de celador/a colexio público; escala: Administración especial; grupo de titulación: agrupacións profesionais. Sistema selectivo: oposición. Quenda libre, reservada a discapacitados/as.

Decreto 17011339, do 26.12.2017: 1 praza de axudante de cociña-limpeza; escala: administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios. grupo de titulación: agrupacións profesionais. Sistema selectivo: oposición. Quenda libre, reservada a discapacidade intelectual.

Persoal laboral:

Decreto 17011338, do 26.12.2017: 1 praza de oficial albanel; nivel de titulación: graduado escolar, graduado en ESO ou equivalente. Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 17011445, do 27.12.2017: 1 praza de peón (especialista); nivel de titulación: certificado de escolaridade. Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda de consolidación de emprego temporal.

Decreto 17011448, do 27.12.2017: 1 praza de auxiliar do fogar; nivel de titulación: certificado de escolaridade. Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda de consolidación de emprego temporal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 20 de febreiro de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área
de Desenvolvemento Sostible e Persoal