Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a selección dun técnico en turismo.

Por Resolución da Alcaldía de data 10 de abril de 2018, convocase proceso de selección para a contratación dun técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1, a xornada completa, baixo a modalidade de funcionario interino, para a execución dun programa local de mellora e mantemento, atención e información ao peregrino e promoción do Camiño Francés.

O período de duración da interenidade será de catro meses desde a data de toma de posesión do funcionario que resulte seleccionado.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

Arzúa, 11 de abril de 2018

José Luis García López
Alcalde