Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20824

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria do Sistema público de saúde de Galicia.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 22 de xuño de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 4 de xullo), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 31 de agosto de 2017 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Mediante Resolución do 12 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 20 de decembro), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e as puntuacións provisionais obtidas.

Finalizado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co punto sétimo da Resolución do 22 de xuño de 2017,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos