Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de modifición da delimitación do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo rural de Alemparte-Mariz (planeamento xeral 314/001/2017).

Expediente núm.: G0310/2017

Asunto: modificación da delimitación do PXOM no nucleo rural de Alemparte-Mariz

Procedemento: planeamento xeral 314/001/2017 (modificacións puntuais)

O Pleno municipal adoptou na sesión ordinaria do 12 de marzo de 2018, o acordo que na súa parte dispositiva é como segue:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de modificación da delimitación do PXOM no núcleo rural de Alemparte, parroquia de Mariz, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Que se abra un período de información pública por un prazo de dous meses, mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia. Durante ese período o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica do Concello, con enderezo electrónico: https://chantada@sedeelectronica.es

Notificaráselles individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Terceiro. Que se suspenda o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é dun ano nas áreas afectadas que constan no proxecto de modificación.

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Cuarto. Que se lles soliciten, de ser o caso e ao mesmo tempo que se realiza o trámite de información pública, os informes aos organismos sectoriais afectados por razón das súas competencias e que sexan propios do ente local, os cales deben emitilo no prazo dun mes, agás que unha disposición autorice un prazo máis longo.

Quinto. Ao abeiro do establecido no artigo 60.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144.7 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, remitir o proxecto de modificación e demais documentación que consta no expediente á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que se soliciten os informes sectoriais e autonómicos preceptivos e se realicen as consultas ambientais así como dar audiencia aos concellos limítrofes».

Chantada, 20 de marzo de 2018

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde