Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 24 de novembro de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico A Pastoriza, nos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/123-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 24 de novembro de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico A Pastoriza, nos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/123-EOL).

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta, do 24 de novembro de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros do parque eólico A Pastoriza, nos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto (Lugo) e promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/123-EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L. (en diante o promotor) en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico A Pastoriza (en diante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico A Pastoriza, cunha potencia de 33 MW e promovido por Norvento, S.L.

Segundo. O 25.1.2011 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a inclusión no réxime especial para o parque eólico. Posteriormente, o 27.6.2011, o promotor solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.

Terceiro. O 21.10.2011 o promotor presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Cuarto. O 26.12.2011 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo (en diante a Xefatura Territorial) emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Quinto. O 2.4.2012 e o 3.7.2012 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial informou sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico.

Sexto. Por Resolución do 2 de abril de 2012, da Xefatura Territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 15.5.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 8.6.2012 e no xornal El Progreso do 24.4.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto), da Xefatura Territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións sobre as cales a Xefatura Territorial informou o 13.6.2013.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas:

– Solicitudes de modificación do trazado da servidume afectada.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, cos apelidos dos titulares, coas superficies afectadas, coa clasificación dos terreos, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que, ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade, non se autorice a afección de aeroxeradores e vías de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, especies incluídas no anexo II da citada lei, nin sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000; que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona; que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007; que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

– Emeterio Vega Rodríguez presentou unha alegación propia do trámite de compatibilidade entre o parque eólico e o dereito mineiro Mondoñedo Fracción Segunda nº 5530.2.

Sétimo. O 3.8.2012 a Xefatura Territorial acordou a incoación do trámite de compatibilidade entre o parque eólico e os dereitos mineiros afectados e deu audiencia aos interesados. O 5.4.2013 a Xefatura Territorial emitiu o informe de compatibilidade entre o parque eólico A Pastoriza e os dereitos mineiros Cruz da Cancela nº 321, Mondoñedo Fracción Segunda nº 5530.2 e Fina nº 5871. O 24.2.2014, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais comunicou que non ten máis que engadir ao recollido no informe do 5.4.2013 da Xefatura Territorial, polo que non aprecia incompatibilidade entre o proxecto do parque eólico e os dereitos mineiros afectados.

Oitavo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Xefatura Territorial remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Axencia Estatal de Seguridade Aérea; Concello de Riotorto; Axencia Galega de Infraestruturas; Concello de Mondoñedo; Ministerio de Economía e Facenda; Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; Concello da Pastoriza; Retegal e Retevisión I, S.A.

Noveno. O 13.3.2012 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Décimo. O 20.4.2012 o Concello de Riotorto emitiu informe en que estableceu o seu condicionado, o cal se trasladou ao promotor, que achegou a súa resposta o 16.5.2012.

Décimo primeiro. O 14.5.2012 a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu o seu condicionado ao proxecto do parque eólico. O promotor manifestou a súa conformidade o 18.6.2012.

Décimo segundo. O 3.7.2012 a Xefatura reiterou a solicitude de informe ao Concello de Mondoñedo.

Décimo terceiro. O 3.7.2012 a Xefatura reiterou a solicitude de informe ao Ministerio de Economía e Facenda e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Décimo cuarto. O 13.7.2012 o Concello da Pastoriza emitiu informe en que indicou que non vai establecer ningún condicionado no relativo ao proxecto do parque eólico. O promotor manifestou a súa conformidade o 20.8.2012.

Décimo quinto. O 10.4.2013, Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico, no cal se recolle que, a pesar de non se observar obstrucións directas nos sinais de televisión da TDT, se, unha vez executado o parque eólico, as houber, o promotor deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT, o cal se trasladou ao promotor, que achegou a súa resposta o 20.5.2013.

Décimo sexto. O 15.5.2013 Retevisión I, S.A. emitiu un condicionado técnico favorable ao respecto do parque eólico. O promotor manifestou a súa conformidade o 7.6.2013.

Décimo sétimo. O 13.6.2013 a Xefatura Territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo oitavo. O 8.4.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 8 de maio de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2015).

Décimo noveno. O 30.4.2014 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Vixésimo. O 4.2.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou os cambios relativos aos proxectos dos parques eólicos A Pastoriza e Carracedo. Estas modificacións consistiron, de forma xeral, na eliminación da subestación propia do parque eólico, empregando a subestación do parque eólico de Carracedo e no establecemento dunha zona de almacenamento única para ambos os parques eólicos.

Vixésimo primeiro. O 27.2.2015, o Servizo de Montes de Lugo emitiu o informe a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo segundo. O 30.6.2015, para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, o promotor presentou a addenda ao proxecto de execución e a relación de bens e dereitos afectados actualizada, nas cales se recollen as modificacións autorizadas o 4.2.2015 pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Posteriormente, o 16.7.2015 o promotor presentou o proxecto sectorial actualizado.

Vixésimo terceiro. O 2.9.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto e procedeuse a publicar no Diario Oficial de Galicia do 31.3.2016 e no Boletín Oficial del Estado do 4.4.2016 o Anuncio do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notificou a diversos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública no expediente LU-11/123-EOL.

Vixésimo cuarto. O 28.9.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial actualizado do parque eólico, un novo informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo quinto. O 19.1.2016 o Servizo de Montes de Lugo emitiu un novo informe en conformidade co artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, tendo en conta a documentación indicada no antecedente de feito vixésimo segundo.

Vixésimo sexto. O 19.5.2016 a Xefatura Territorial emitiu o informe de compatibilidade entre a modificación do parque eólico A Pastoriza e os dereitos mineiros Cruz da Cancela nº 321, Mondoñedo Fracción Segunda nº 5530.2 e Fina nº 5871. Neste informe, considerábase necesario dar o trámite de audiencia aos titulares dos dereitos mineiros afectados.

Vixésimo sétimo. O 30.5.2016, en aplicación do disposto no número 2 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia e outorgou aos titulares dos dereitos mineiros afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que estimasen oportunos.

Vixésimo oitavo. En resposta ao trámite de audiencia, o 15.6.2016 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia de Lugo un escrito do titular do dereito mineiro afectado Cruz da Cancela nº 321. Nel solicitábase a remisión dos informes de compatibilidade do 5.4.2013 e do 19.5.2016, así como a suspensión do prazo de 15 días do trámite de audiencia. En resposta á súa solicitude, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas outorgoulle unha ampliación de prazo de 7 días para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que considerase pertinentes, de conformidade co establecido no artigo 49.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vixésimo noveno. O 22.7.2016 o titular do dereito mineiro afectado Cruz da Cancela nº 321 presentou as alegacións relativas ao trámite de compatibilidade entre o parque eólico e o dereito mineiro afectado.

Trixésimo. O 31.8.2016 deuse traslado do expediente do trámite de audiencia á xefatura territorial. O 16.9.2016 a Xefatura Territorial emitiu o informe de compatibilidade entre a modificación do parque eólico A Pastoriza e os dereitos mineiros Cruz da Cancela nº 321, Mondoñedo Fracción Segunda nº 5530.2 e Fina nº 5871. O 16.9.2016, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais comunicou que non ten máis que engadir ao recollido no informe do 16.9.2016 da Xefatura Territorial, polo que non aprecia incompatibilidade entre o proxecto do parque eólico e os dereitos mineiros afectados.

Trixésimo primeiro. O 13.9.2016 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación coa Addenda Proxecto de Execución Parque Eólico A Pastoriza, maio 2015.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto  1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Con datas 27.2.2015 e 19.1.2016, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Lugo indicou que non existe ningunha afección ao sistema forestal relevante, sempre e cando se cumpran os condicionantes establecidos.

Cuarto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, e que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...).

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No que respecta ás alegacións relativas á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito punto ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 8.4.2014.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico A Pastoriza, nos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L., cunha potencia de 33 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico A Pastoriza, composto polos documentos Proyecto de Ejecución Parque Eólico A Pastoriza. Xaneiro 2011 e Addenda Proxecto de Execución Parque Eólico A Pastoriza. Maio 2015, asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado nº 985/201 do ICAI. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento, S.L.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, Polígono Industrial das Gándaras, nº 23, 27003 Lugo.

Denominación: parque eólico A Pastoriza.

Potencia instalada: 33 MW.

Produción estimada: 123.371 MWh/ano.

Concellos afectados: Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto (Lugo).

Orzamento de execución material: 31.337.189,74 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. A Pastoriza

Vértices poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

639.000

4.800.000

638.875,34

4.799.786,53

2

639.000

4.806.000

638.875,34

4.805.786,55

3

636.000

4.806.000

635.875,25

4.805.786,55

4

633.288

4.802.284

633.163,28

4.802.070,49

5

635.460

4.802.890

635.335,28

4.802.676,51

6

636.300

4.804.050

636.175,27

4.803.836,52

7

636.550

4.803.190

636.425,28

4.802.976,52

8

637.190

4.802.630

637.065,29

4.802.416,53

9

635.460

4.802.890

635.335,28

4.802.676,51

10

633.288

4.802.284

633.163,28

4.802.070,49

11

633.288

4.800.000

633.163,28

4.799.786,53

Torres meteorolóxicas:

Coordenadas UTM (Fuso 29 ED50)

Torres meteorolóxicas:

Coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM_PS1

638.542

4.805.952

638.417,26

4.805.738,54

TM_PS2

638.343

4.801.228

638.218,32

4.801.014,53

TM_PS3

637.060

4.803.027

636.935,29

4.802.813,53

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

PS01

636.479

4.804.230

636.354,27

4.804.016,52

PS02

636.861

4.804.548

636.736,27

4.804.334,53

PS03

637.186

4.804.714

637.061,27

4.804.500,53

PS04

637.914

4.802.633

637.789,3

4.802.419,53

PS06

638.130

4.802.557

638.005,3

4.802.343,53

PS07

638.382

4.802.554

638.257,3

4.802.340,54

PS09

637.760

4.802.850

637.635,29

4.802.636,53

PS10

638.562

4.801.216

638.437,32

4.801.002,53

PS11

638.398

4.805.763

638.273,26

4.805.549,54

PS12

637.973

4.805.533

637.848,26

4.805.319,54

PS13

637.563

4.801.600

637.438,31

4.801.386,53

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 11 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria y 119 metros de fuste.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal, en canalización entubada, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,65/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– Torres meteorolóxicas autoportantes de 119 m de altura, equipadas con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión e rexistrador.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros Cruz da Cancela nº 321, Mondoñedo Fracción Segunda nº 5530.2 e Fina nº 5871.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Norvento, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 626.743,80 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 339.656 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de oito meses contados a partir da obtención de todas as licenzas e permisos.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 8.4.2014 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Anexo

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito sexto:

Antonio Varela Rodríguez, o 17.4.2012; Secretaría Xeral de Patrimonio do Estado, o 18.4.2012 e o 23.5.2012; José Luis Lorido Carballeira, o 24.4.2012; José Ramón Lorigados García, o 24.4.2012; Banco de Terras de Galicia, o 25.4.2012; Venancio González Seivane, o 25.4.2012; Hortensia Falcón Castro, o 30.4.2012; María Azucena, Esther, Antonio e Raquel Trabada Rodríguez herdeiros de Encarnación Rodríguez Lorigados, o 3.5.2012; María Eva Carballeira Bouso, o 4.5.2012; José Antonio Lorigados Moirón, o 4.5.2012; Manuel Bouso Comendeiro, o 4.5.2012; Rafael Rodríguez Veiga, o 4.5.2012; María Eva Carballeira Bouso en representación de Isabel Carballeira Bouso, o 7.5.2012; Juan José Fiallega Val, o 7.5.2012; Josefa Díaz Carballeira, o 9.5.2012; Siro Chao Mourelle, o 9.5.2012; María Luisa Ónega Ramos, o 9.5.2012; Carmen Balseiro Pérez en representación de Isidoro Balseiro Lugilde, o 11.5.2012; Milagros Rodríguez Hortas, Alberto Leticia e Andrés López Rodríguez herdeiros de José López Canteli, o 14.5.2012; Francisco Gavín Cabodevila, o 14.5.2012; José García Lindín, o 16.5.2012; Marta López Gallego, o 16.5.2012; Brígida Gallego Méndez, o 16.5.2012; Amanda Gasalla Gasalla, o 16.5.2012; José Yáñez García, o 16.5.2012; Andrés Gasalla Gasalla, o 16.5.2012; Albino Falcón Castro, o 21.5.2012; Delfina Uz Castro, o 21.5.2012; David Veiga Comendeiro, o 21.5.2012; Aurelia Veiga Comendeiro, o 21.5.2012; Teresa Rodríguez Bouso, o 21.5.2012; Elsa Bouso Rodríguez, o 21.5.2012; Luis Falcón Gavín, o 23.5.2012; Manuel García Mel, o 24.5.2012; Balbino Bouso Balseiro, o 28.5.2012; Primitivo Iglesias Sierra en representación do Concello da Pastoriza, o 28.5.2012; Sociedade Galega de Historia Natural, o 29.5.2012; José Luis Gasalla García, o 1.6.2012; Alicia Falcón Gavín, o 6.6.2012; Emeterio Veiga Rodríguez, o 18.6.2012; Isolina Muiña Santomé, o 28.5.2013 e Rosa Uz Castro, o 12.6.2013.

2. Alegacións presentadas durante o trámite de compatibilidade indicado no antecedente de feito sétimo:

Hergaya, S.A., o 28.8.2012 e o 22.11.2012 e Ornamentales Lugo, S.L., o 3.9.2012.

3. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito vixésimo terceiro:

Concepción López Cancelos, o 18.9.2015; Magdalena Balseiro Carballeira, o 25.9.2015; Severiano Fiallega Mourelle, o 8.10.2015 e Antonio Francisco García Díaz, o 9.10.2015.