Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta do 2 de xuño de 2016 polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Neda, nos concellos de Abadín e da Pastoriza (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/124-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta do 2 de xuño de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Neda, nos concellos de Abadín e da Pastoriza (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/124-EOL).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Neda, nos concellos de Abadín e da Pastoriza (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/124-EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L. en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Neda (en adiante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico cunha potencia de 33 MW e promovido por Norvento, S.L. (en diante, o promotor).

Segundo. O 30.12.2010 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico. Posteriormente, o 27.6.2011 o promotor solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.

Terceiro. O 14.10.2011 o promotor presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Cuarto. O 26.12.2011 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo (en diante a Xefatura Territorial) emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Quinto. O 30.12.2011 a Xefatura Territorial solicitou os condicionados técnicos, e remitiu as correspondentes separatas do proxecto ás seguintes administracións, organismos ou empresas de servizo público: Concello de Abadín, Concello da Pastoriza, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Telefónica de España. O 3.1.2012 solicitáronse os condicionados técnicos á Comunidade de Montes en Man Común de Abeledo, Endesa Energía, E.On, Vodafone España, France Telecom España e Abertis Telecom. Finalmente, o 13.2.2012 solicitouse o correspondente condicionado técnico a Retegal.

Sexto. Por Resolución do 30 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial, sometéronse a información pública para autorización administrativa aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 6.2.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 19.1.2012 e no xornal El Progreso do 19.1.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios da Xefatura Territorial e dos concellos afectados (Abadín e A Pastoriza).

Durante o período de información pública presentáronse, nas datas que se indican, as seguintes alegacións: Isabel Pardo Iglesias, o 25.1.2012; María Beatriz Ovalle Neira, en representación de María B. Neira Andión, o 24.2.2012; e Victor Manuel López Fernández, en representación de Bantegal, o 25.5.2012.

Sétimo. O 17.1.2012 Endesa Servicios remitiu a súa resposta á solicitude do condicionado técnico. O promotor manifestou a súa conformidade o 07.02.2012.

Oitavo. O 1.2.2012 Retevisión I, S.A. remitiu a súa resposta á solicitude do condicionado técnico. O promotor manifestou a súa conformidade o 2.3.2012.

Noveno. O 5.3.2012 Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico. O promotor achegou a súa resposta o 4.4.2012.

Décimo. O 5.3.2012 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou a instalación do parque eólico, e establecen, así mesmo, o correspondente condicionado.

Décimo primeiro. O 6.3.2012 a Xefatura Territorial reiterou a solicitude do condicionado técnicos aos concellos de Abadín e da Pastoriza, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a E.On, a Telefónica España, a Vodafone España e a France Telecom España.

Décimo segundo. O 20.3.2012 Vodafone España remitiu a súa resposta á solicitude do condicionado técnico. O promotor manifestou a súa conformidade o 17.4.2012.

Décimo terceiro. O 20.3.2013 a Xefatura Territorial informou de que a área definida pola poligonal do parque eólico presenta superposición coa solicitude do permiso de investigación Santa Fe nº 5891. Mediante oficio da mesma data, a Xefatura Territorial deu trámite de audiencia ao solicitante do mencionado permiso de investigación, sen que se tivese recibido resposta.

Décimo cuarto. O 24.5.2013 a Xefatura Territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo quinto. O 16.9.2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as modificacións de proxecto do parque eólico. Estas modificacións consisten, de forma xeral, no cambio da posición de dous dos once aeroxeradores, no trazado das vías entre dous aeroxeradores e nun leve desprazamento da plataforma dun aeroxerador, e están motivadas polas consideracións efectuadas polo Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas durante a tramitación ambiental.

Décimo sexto. O 7.5.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 7 de xullo de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 81, do 28 de abril de 2016).

Décimo sétimo. O 25.2.2015 o promotor presentou a addenda ao proxecto de execución e o proxecto sectorial actualizado e o 30.6.2015 a relación de bens e dereitos afectados actualizada, nos cales se recollen as modificacións autorizadas o 16.9.2013 pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Décimo oitavo. Mediante escritos do 17.8.2015, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto. En relación con estas notificacións, presentáronse as seguintes alegacións: María Josefa Fernández Carballeira, o 18.9.2015; María Beatriz Ovalle Neira, o 21.9.2015; María del Carmen Iglesias López, o 31.8.2015.

Para aqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación, o 4.4.2016 publicouse un anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no dito anuncio, non compareceu ningún interesado.

Décimo noveno. O 15.6.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Vixésimo. O 11.5.2016 a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, en resposta á solicitude do informe a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, comunicou que o Servizo de Montes de Lugo reiteraba o informe do 19.2.2016 en relación co proxecto sectorial do parque eólico.

Vixésimo primeiro. O 16.5.2016 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación coa Addenda Proxecto de Execución Parque Eólico Neda. Febreiro 2015.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. No informe do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo do 20.3.2013 indícase que o perímetro definido na solicitude do permiso de investigación Santa Fe se superpón coa área de afección definida pola poligonal do parque eólico. Tal e como se recolle no antecedente de feito décimo terceiro, o 20.3.2013 deuse trámite de audiencia ao solicitante do mencionado permiso, sen que se tivese recibido resposta.

Enténdese que o permiso de investigación solicitado non se trata dun dereito consolidado, polo que non procede efectuar o trámite de compatibilidade establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. Durante a tramitación do expediente presentáronse as alegacións indicadas nos antecedentes de feito sexto e décimo oitavo. A seguir resúmese o seu contido:

1. Víctor Manuel López Fernández, en representación de Bantegal, manifesta que nunha das parcelas titularidade da sociedade tense subscrito un contrato de arrendamento, que a outra ten unha superficie de 600 m2 e que a súa xeometría non se corresponde coa que aparece no catastro, polo que xunta plano do título de propiedade da parcela. Solicita que se teñan en conta as alegacións presentadas e que se lle remitan planos de obra que permitan comprobar o grao de afección dos predios mencionados, así como identificar outros predios propiedade da sociedade que puideren verse afectadas.

2. Noutra das alegacións, a persoa asinante manifesta que a súa nai é propietaria, xunto cos seus sobriños, dunha das parcelas incluídas na relación de bens e dereitos afectados (RBDA) e achega documentación acreditativa da titularidade.

En resposta á notificación desta dirección xeral relativa ás modificacións introducidas no proxecto, a mesma persoa presentou unha nova alegación comunicando que ela e o seu irmán, como herdeiros da anterior titular, pasan a ser copropietarios da parcela referida, xunto con outras persoas interesadas.

3. Noutra alegación maniféstase que o propietario dunha das parcelas incluídas na RBDA faleceu e que, por herdanza, os actuais titulares son a persoa alegante e outra. Ademais, maniféstase que a parcela se atopa repoboada con eucaliptos e solicita que se cambie o tipo de cultivo recollido na RBDA (monte baixo) para a correcta valoración dos bens. Así mesmo, solicita que as futuras notificacións se dirixan á persoa e ao enderezo que indica no escrito.

4. Outra das persoas alegantes manifesta que o tipo de cultivo do seu predio é piñeiral e non monte alto, como se indica na notificación recibida. Achega fotografías que acreditan esta circunstancia e solicita que se corrixa este erro. Así mesmo, en vista do tipo e da magnitude das afeccións, solicita que se teña por afectada a totalidade do predio, pois que a parte que quedaría libre de afeccións tería unha superficie moi reducida.

5. Noutra alegación, a persoa interesada manifesta que é titular dunha das parcelas incluídas na RBDA. Expón que o vieiro que afecta o predio discorre pola súa parte central, polo que solicita que se desprace cara a un lateral a fin de causar o menor dano posible á explotación forestal, actualmente desenvolvida por unha empresa a que se lle alugou a parcela por un período de dez anos. Solicita que se teña en conta o valor dos eucaliptos existentes, ademais do valor negociable do predio, no caso de que non sexa posible deixalos o tempo necesario para a súa utilización.

En vista do contido das alegacións indicadas e das respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa alegación da sociedade Bantegal, o promotor manifestou a súa conformidade para facilitarlles á documentación solicitada e ter en conta as alegacións efectuadas.

2. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados, así como das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...) e das afeccións reais do proxecto sobre estes. Pola súa parte, o promotor manifestou a súa conformidade coas diferentes manifestacións efectuadas polas persoas alegantes en relación coa titularidade dos predios.

3. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegue a un acordo entre o promotor e as persoas afectadas con anterioridade ou durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Neda, nos concellos de Abadín e da Pastoriza (Lugo), e promovido por Norvento, S.L., cunha potencia de 33 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Neda, composto polos documentos Proxecto de Execución Parque Eólico Neda. Decembro 2010 e Addenda Proxecto de Execución Parque Eólico Neda. Febreiro 2015, asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado nº 985/201 do ICAI. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento, S.L.

Domicilio social: rúa Ribadeo, 2, entresollado, 27002 Lugo.

Denominación: parque eólico Neda.

Potencia instalada: 33 MW.

Concellos afectados: Abadín e A Pastoriza (Lugo).

Produción neta anual estimada: 124.578 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 28.246.756,52 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico (UTM ED50, fuso 29):

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

624.780

4.800.640

2

629.230

4.801.500

3

629.600

4.800.000

4

624.960

4.799.700

Coordenadas de localización dos aeroxeradores (UTM ED50, fuso 29):

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

N01

626.590

4.800.775

N02

629.330

4.800.199

N03

628.964

4.801.209

N04

628.091

4.800.885

N05

626.931

4.800.789

N06

629.088

4.800.442

N07

627.277

4.800.705

N08

628.440

4.800.892

N09

625.775

4.800.449

N10

626.248

4.800.712

N11

627.627

4.800.719

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 11 aeroxeradores Vestas V112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, de ata 119 m de altura de buxa e 112 m de diámetro de rotor.

– 11 centros de transformación de 3.450 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, instalados individualmente no interior da góndola de cada aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal, en canalización entubada, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,65/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– 2 torres meteorolóxicas autoportantes de 119 m de altura, equipadas con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

– Camiños ou vías, con plataforma de 5 m de largura mínima en saburra natural da zona para o acceso a aeroxeradores, torres anemométricas, edificio de control e subestación eléctrica.

– Subestación transformadora cun transformador principal intemperie 20/132 kV, de 24,75/33 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e outro transformador de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA, xunto cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control en que se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Norvento, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 564.935,13 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte ao disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 297.481 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que se aproba por esta resolución.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de oito meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 7.5.2014 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que lle resulten de aplicación.

9. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.