Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica a transmisión do contrato de xestión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante a Resolución do 18 de xaneiro de 2018, autorizou a transmisión do contrato de xestión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401 Santiago de Compostela-Carballo, con anexos, de titularidade de Autos Carballo, S.A. en favor da empresa Arriva Galicia, S.L.U.

Procede a súa publicación unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade