Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se autoriza a transmisión do contrato de xestión do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral V-7076; XG-450.

A Dirección Xeral de Mobilidade mediante a Resolución do 18 de xaneiro de 2018, autorizou a transmisión do contrato de xestión do servicio público de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral V-7076; XG-450, de titularidade de Arriva Galicia, S.L.U. por cesión do seu anterior titular Santiaguesa Metropolitana, S.L.U.

Procede a súa publicación unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade