Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración de dous equipamentos radiocirúrxicos destinados aos bloques cirúrxicos do Hospital Clínico Universitario e Hospital Médico Cirúrxico de Conxo (expediente AB-EIS1-17-092).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-17-092.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de dous equipamentos radiocirúrxicos destinados aos bloques cirúrxicos do Hospital Clínico Universitario e Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, pertencentes á Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33124000-5.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 111.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 111.000,00 euros. Importe total: 134.310,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de marzo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2018.

c) Contratista: Siemens Healthcare, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 90.550,00 euros. Importe total: 109.565,50 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela