Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da contratación do servizo de mantemento do hardware de servidores e sistemas backup (expediente AB-SER1-18-024).

En relación coa convocatoria publicada no DOUE núm. 2018/S 046-101171, do 7 de marzo de 2018, no BOE núm. 65, do 15 de marzo, e no DOG núm. 55, do 19 de marzo, pola que se publicou a contratación do servizo de mantemento do hardware de servidores e sistemas backup, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 22 de maio de 2018.

A apertura do sobre B terá lugar o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ao de finalización de presentación das ofertas, ás 9.00 horas, na sala 2.1 do Edificio Administrativo de San Lázaro.

Na cláusula 6.6.2.f) do prego de cláusulas administrativas particulares, onde di: «grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría A/1 ou superior», debe dicir: «grupo V, subgrupo 3, categoría A/1 ou superior».

Permanece inalterado o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos