Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se notifica a resolución do procedemento SXRH-PD-11/17.

Logo de intentar a práctica da notificación no domicilio persoal da persoa interesada sen que se puidese realizar, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese a publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada que se indica a continuación de que o director xeral de Centros e Recursos Humanos ditou resolución no procedemento que se indica deseguido.

Persoa interesada: Ana María Abella Val (DNI 33---065B).

Procedemento: procedemento disciplinario SXRH-PD-11/17.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia desa resolución mediante comparecencia de luns a venres, das 10.00 ás 13.00 horas, nas dependencias da Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución do procedemento, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada, no prazo de dous meses, pode formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou esta resolución) ou no Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente ao domicilio da persoa interesada, de conformidade co previsto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Tamén, con carácter previo e potestativo, pode formular recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de un mes, consonte os artigos 116 da LPACAP. Os prazos citados comezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos